ALCALDE ARRIBAS
XOSÉ MANUEL ARRIBAS HERMIDA (1902-1977). Alcalde de Meis en 1936
Naceu en Lérez (Pontevedra) o 7 de Marzo de 1902. Fillo de Francisco Arribas Ramallo e Jesusa Hermida Magdalena. De orixes humildes, o seu pai era albanel de profesión, casaría coa meisina Melania Martínez Martínez veciña de San Salvador dos que tiveron 4 fillos. Criado no seo dunha familia de esquerdas foran os seus irmáns: Luciano “O Radabouxo” (por casar cunha muller desa familia) fundador de Juventud Lerezana e participente na vida asociativa de Lérez antes do golpe de estado. Persoa de principios progresistas apoiou sempre aos mais novos no movemento asociativo de Lérez. Outros irmáns dos que se ten referencia son Manuel “O Chulán” (porque casou cunha das Chulanas), Jesusa, Luciano, Sofía (foi dona da panadería La Lerezana e moi querida pola súa bondade e axuda aos demáis), Francisco e Carlos.
Destaca por ser o único Alcalde progresista de toda a historia de Meis. Probabelmente, foi un dos fundadores en 1934 do sindicato A Fraternidade Obreira de Labregos de Meis, do que era o seu Presidente en 1936. Nese mesmo ano, a Fronte Popular gaña as eleccións xerais do 16 de Febreiro, e os irmáns Rodríguez Ares “Os do Patacón” propoñen a Arribas que encabece o Goberno Municipal. Éste acepta e o 15 de Marzo de 1936 é nomeado Alcalde DEMOCRÁTICO do Concello de Meis.
Pouco duraría a ledicia de disfrutar dun Goberno Municipal de esquerda-galeguista pois o 18 de Xullo de 1936 estoupa o golpe militar inducido polos que perderon as eleccións en Febreiro. Moitos meisinos deciden loitar pola legalidade DEMOCRÁTICA Republicana e con outros de Ribadumia entre os que poderiamos mencionar a Luis Castro de Barrantes, Cándido Sánchez “O Taramelo”, Ramón Serantes, Pereira… e outros como “O Chiscarro” de Oubiña (Cambados) acuden a Pontevedra nun camión que saiu do Mosteiro o 20 de Xullo propiedade do republicano meisense José Villar Otero, mais terían que dar volta atrás en Alba ao ver que o Goberno Civil caira en mans dos sublevados fascistas. O Alcalde Arribas decide permanecer no seu posto. Uns días máis tarde chega ao Mosteiro un camión militar con soldados que rodean a Casa Consistorial. Moitos veciños de Meis fuxen en dirección ao Castrove para esconderse dos militares; Arribas agochariase na casa do crego de Besomaño (Ribadumia).
Tras pasar por algúns centros penitenciarios (Cambados e Pontevedra), sería condeado en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra o 14 de abril de 1937 a 30 anos de reclusión perpetua, acusado do delicto de “rebelión militar”. Antes, os seus inimigos intentan desprestixialo por “malversación de caudais”, polo que foi xulgado e sentiaciado á pena de suspensión de cargo público e dereito de sufraxio activo e pasivo e multa de 250 pesetas. Nunca se tivo noticias nas actas plenarias dun desfalco producido durante os 4 meses de Goberno da Fronte Popular, polo que é obvio que se trataba dun despeito ou vinganza contra Arribas.
No Forte de Ezkaba-San Cristobal (Iruña-Pamplona) 1937-1940
Procedente da Colonia Penitencial de San Simón (Redondela) ingresa o 11 de outubro de 1937 para cumprir condea no castelo de San Cristóbal (Iruña-Pamplona). Alí atoparíase co meisino Raimundo Douterelo García, condeado pola mesma razón “Rebelión militar” e confinado nesa prisión desde o 15 de Xullo do 37, ademáis de con outros veciños do concello de Ribadumia.
O 22 de Maio de 1938, prodúcese un dos feitos menos coñecidos pero máis importante da historia da Guerra Civil, a maior evasión de presos que se deu no Estado español e unha das maiores fugas mundiais. Aconteceu no devandito Penal do Forte de San Cristobal. Este Centro Penitenciario tiña ese día 2487 presos, case todos eles políticos. As pésimas condicións nas que se atopaban istos homes, foi a razón pola que 795 persoas decidiron fugarse, entre eles Xosé Arribas (Raimundo Douterelo prefire quedar no presidio). Dos 795 fugados, 204 eran de nacionalidade galega, a maior parte deles da provincia de Pontevedra. Foron capturados 585, 208 foran asesinados nos camiños polos requetés, falanxistas, Garda Civil e mesmo polo fanatismo das xentes dos pobos cercanos ao presidio.
A súa fuxida frustrouse ao ser detido. Por este feito sería condeado de novo nun Consello de Guerra celebrado en Iruña-Pamplona o 28 de Setembro de 1938 á pena de 17 anos, 4 meses e un día de reclusión e coas accesorias de Inhabilitación Absoluta durante o tempo da condea polo delito de “Auxilio á Rebelión”.
O 13 de setembro de 1940 consegue a situación de prisión atenuada no seu domicilio do Marco (San Salvador de Meis). O 15 de Febreiro de 1944 é conmutada a súa pena pola fuga do Forte de San Cristobal a un ano de prisión menor. Finalizou a pena da sentencia que lle impuxo o rexime fascista da dictadura de Franco o 8 de Agosto de 1966.
Faleceu en San Salvador de Meis o 7 de Agosto de 1977.
VEN SENDO HORA QUE O POBO E O CONCELLO DE MEIS RINDAN UNHA HOMENAXE NON SÓ AO ”ALCALDE” ARRIBAS SENON A TODOS OS DEMÓCRATAS REPUBLICANOS REPRESALIADOS.
NOTA: O meu agradecimento persoal a Mario Gallego, Celso Milleiro e ao lerezano Xosé Alvarez polos datos aportados para á confección desta biografía.
(información sacada de http://meis.blogaliza.org/)

Comentarios